sábado, 12 de abril de 2025

Obradoiro de marcapáxinas

 O alumnado da ESO puxo a creatividade a funcionar na aula de informática para deseñar uns marcapáxinas moi especiais! Seleccionaron citas inspiradoras de matemáticos/as célebres,  deseñaron o seu propio marcapáxinas en Canva  e enviárono ao profesorado para a súa impresión, recorte e plastificado.

O resultado final? Unha exposición chea de frases que fan pensar e que nos lembran que as matemáticas tamén poden ser poéticas!





No hay comentarios:

Publicar un comentario