Mostrando entradas con la etiqueta visitas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta visitas. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de abril de 2025

Charla de Fernando Méndez

 Hoxe tivemos a visita dun escritor moi querido no centro, Fernando Méndez, que impartíu unha fascinante charla ao alumnado da ESO sobre o seu proceso creativo e sobre o seu último libro, “La Vida Mientras Luchamos”

Moitas grazas, Fernando!














jueves, 24 de abril de 2025

Sesión de contacontos con Oti

 Onte o alumnado de Infantil gozou dunha sesión moi especial de contacontos coa nosa querida Oti!

O conto escollido foi “Un conto ao revés”, unha historia chea de humor, maxia e sorpresas que fixo rir, pensar e soñar aos máis pequenos.

Unha marabillosa maneira de achegar a lectura á infancia e fomentar a imaxinación desde ben cedo!













miércoles, 23 de abril de 2025

Sesión de contacontos con Sabela Gago

 Hoxe na biblioteca do centro tivemos a sorte de contar cunha sesión de contacontos con Sabela Gago na que dramatizou “Irene e o Garabato” Participaron os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Foi unha experiencia máxica chea de imaxinación e diversión!