Mostrando entradas con la etiqueta infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta infantil. Mostrar todas las entradas

jueves, 24 de abril de 2025

Sesión de contacontos con Oti

 Onte o alumnado de Infantil gozou dunha sesión moi especial de contacontos coa nosa querida Oti!

O conto escollido foi “Un conto ao revés”, unha historia chea de humor, maxia e sorpresas que fixo rir, pensar e soñar aos máis pequenos.

Unha marabillosa maneira de achegar a lectura á infancia e fomentar a imaxinación desde ben cedo!













La casa de la ópera

 Nos encanta el mural que los peques de 5 años han creado para el festival y el proyecto LOVA.

Podèis verlo en el hall.

Enhorabuena!








A bioloxía nos contos clásicos

 Encántanos o proxecto do alumnado de 4 ESO para o festival, que se desenvolveu bestias fases:

  1. Análise de criaturas e seres vivos que aparecen en contos ou mitos (por exemplo, os lobos en "Caperucita Vermella" ou as árbores en "O Señor dos Aneis"). 
  2. Estudió das especies reais detrás destas historias e elaboración dun mural con comparativas das especies reais cas imaxinarias. Material: cartolinas, imaxes dos contos, fotografías reais dos seres vivos. 3.
  3. Produto final: mural para expoñer no hall e lecturas dramatizadas de fragmentos dos libros mencionados, do alumnado da ESO en educación infantil.

Para saber máis, visita o blog de Ciencia Activa















miércoles, 23 de abril de 2025

Lecturas que abrazan

  Con motivo do Festival do Libro, desde o Departamento de Orientación, en colaboración coa biblioteca escolar, desenvolvéronse diversas actividades de sensibilización arredor da prevención do acoso escolar a través da lectura. O alumnado de 6º de EI, 1º e 4º de EP e 2º da ESO participou en propostas adaptadas aos diferentes niveis, baseadas en obras como Orellas de bolboreta, El cazo de Lorenzo e Subnormal: unha historia de acoso escolar, coordinadas por profesionais do ámbito da atención á diversidade e a orientación educativa. Como produto final, elaboráronse materiais que se integrarán na exposición “Lecturas que abrazan: Construíndo unha casa sen acoso”, coa que se agarda contribuír a crear unha escola máis respectuosa, empática e libre de violencia.













jueves, 10 de abril de 2025

Os máis peques do cole preparan o seu libro-casiña

Velaquí varias imaxes dos peques de 3 anos preparando unha manualidade directamente relacionada co lema do festival: "Un libro, a nosa casa". 

 









Estamos desexando ver o mural no vestíbulo a partir do 23 de abril!