"O pasaporte literario" é un proxecto desenvolvido polo alumnado de 2º de Educación Primaria na área de Ciencias Sociais.
Ao longo desta proposta, o alumnado realizou un percorrido por distintas cidades de España, e en cada unha delas descubriu un conto xunto co seu autor ou autora.
Deste xeito, puideron conectar a literatura infantil co coñecemento do territorio, unindo o pracer da lectura coa aprendizaxe xeográfica e cultural.
O resultado final quedou moi fermoso e poderá verse na exposición do Festival do Libro.
Cada pasaporte literario foi asinado polos nenos e nenas que "viaxaron" a cada cidade, e presentarase plastificado e encadernado, como un verdadeiro caderno de viaxe.
Un traballo cheo de ilusión, creatividade e aprendizaxe, que reflexa o esforzo e a implicación do alumnado ao longo deste marabilloso proxecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario