viernes, 25 de abril de 2025

A Casa do Saber

 Xa temos exposta a “Casa do Saber”,na que está a exercer como anfitriona particular a Bruxa come vogais, unha creación colectiva realizada con entusiasmo, que nos convida a mergullarnos no fascinante mundo da lectura. A través dela preséntase unha boa chea de lecturas recomendadas de xeito moi especial polos alumnos do 1º ciclo de primaria e da ESO. Estas recomendacións foron feitas dende a experiencia persoal e lectora de cada estudante, converténdose así nun valioso reflexo dos seus intereses, das súas emocións e da súa capacidade para reflexionar e compartir.

A través dos libros, aprendemos a pensar, a sentir e, sobre todo, a construír a nosa identidade e o noso coñecemento. Esta exposición é, polo tanto, un convite a seguir alimentando o gusto pola lectura como acto de liberdade, de expresión e de crecemento.

Feliz lectura!










No hay comentarios:

Publicar un comentario