Mostrando entradas con la etiqueta ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESO. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de abril de 2025

Charla de Fernando Méndez

 Hoxe tivemos a visita dun escritor moi querido no centro, Fernando Méndez, que impartíu unha fascinante charla ao alumnado da ESO sobre o seu proceso creativo e sobre o seu último libro, “La Vida Mientras Luchamos”

Moitas grazas, Fernando!














Aprender xogando

Con motivo do XII Festival do Libro, o alumnado de 4º de ESO participou nun emocionante Trivial de Lingua e Literatura Castelá. Unha divertida maneira de repasar os contidos de literatura, gramática, sintaxe, morfoloxía, semántica e moito máis.

Unha actividade que demostra que a aprendizaxe pode ser dinámica e entretida.

Parabéns a todos os participantes!






jueves, 24 de abril de 2025

La Maison

 Hoxe o alumnado de francés de 3° e 4° da ESO compartiu cos compañeiros do cole o resultado das súas casas diccionario no que presentaron 4 estilos de casa diferentes, feitos por eles mesmos completamente, cultivando a súa creatividade ao mesmo tempo que aprenden léxico novo na lingua extranxeira.

 Fixeron un gran traballo!















Curtametraxe “A Lúa”

 Celebramos o XII Festival do Libro cunha curtametraxe!




No marco do noso Festival do Libro, o alumnado explorou a curtametraxe A Lúa de Pixar, descubrindo como as historias, xa sexan escritas ou animadas, convídannos a imaxinar novos mundos e a atopar o noso propio camiño.
A través de 
preguntas de comprensión e reflexión, conectamos o poder da narrativa visual coa maxia da literatura, fomentando a creatividade e o pensamento crítico nas nosas aulas.
Porque 
cada historia, sen importar o seu formato, ten o poder de inspirarnos e ensinarnos. 

Lenzos viventes

 O alumnado da ESO presentou con grande éxito o proxecto “Lenzos viventes”, unha proposta artística e educativa que transforma a lectura e a pintura nunha experiencia inmersiva. Nesta ocasión, os estudantes convertéronse nos protagonistas de recoñecidas obras da historia da arte, recreando cadros icónicos a través da técnica do cadro dentro do cadro.

O resultado final quedou recollido nun mural colectivo no que se expoñen as diferentes recreacións pictóricas. Nelas, os rapaces e rapazas déronlle vida a cadros tan emblemáticas como O retrato de Frida Kahlo, A liberdade guiando ao pobo de Delacroix, A Creación de Adán de Miguel Anxo, O Grito de Munch ou A lección de anatomía do doutor Tulpde Rembrandt, entre outras.

A través deste mural, o alumnado demostra a súa creatividade, implicación e capacidadepara dialogar coa arte dende unha perspectiva viva e participativa.

A continuación tendes as fotografías dos protagonistas cos seus cadros:













A bioloxía nos contos clásicos

 Encántanos o proxecto do alumnado de 4 ESO para o festival, que se desenvolveu bestias fases:

  1. Análise de criaturas e seres vivos que aparecen en contos ou mitos (por exemplo, os lobos en "Caperucita Vermella" ou as árbores en "O Señor dos Aneis"). 
  2. Estudió das especies reais detrás destas historias e elaboración dun mural con comparativas das especies reais cas imaxinarias. Material: cartolinas, imaxes dos contos, fotografías reais dos seres vivos. 3.
  3. Produto final: mural para expoñer no hall e lecturas dramatizadas de fragmentos dos libros mencionados, do alumnado da ESO en educación infantil.

Para saber máis, visita o blog de Ciencia Activa