Durante o Festival do Libro levouse a cabo unha actividade moi especial destinada ao alumnado do primeiro ciclo de primaria.
“Bibliopatio” tivo como obxectivo principal achegar os nenos e nenas ao pracer pola lectura nun entorno diferente, lúdico e ao aire libre.
Coa valiosa colaboración da profe Eva e da profe Nerea, organizamos un espazo cheo de libros, contos ilustrados e propostas lectoras adaptadas ás idades dos pequenos. Cada grupo tivo o seu momento para explorar, ler e compartir lecturas entre compañeiros, gozando dunha xornada diferente e moi enriquecedora.
A actividade resultou ser todo un éxito: os nenos e nenas mostraron moito interese polos libros, participaron con entusiasmo e mesmo recomendaron lecturas entre eles. Ademais, as mestras fomentaron dinámicas de lectura en voz alta, expresión oral e comprensión lectora, convertendo o bibliopatio nun espazo máxico de aprendizaxe e imaxinación.
Foi unha experiencia moi positiva que agardamos repetir noutras ocasións, xa que promove o hábito lector e o amor polos libros desde as primeiras etapas educativas.