Páginas

jueves, 24 de abril de 2025

Lenzos viventes

 O alumnado da ESO presentou con grande éxito o proxecto Lenzos viventes, unha proposta artística e educativa que transforma a lectura e a pintura nunha experiencia inmersiva. Nesta ocasión, os estudantes convertéronse nos protagonistas de recoñecidas obras da historia da arte, recreando cadros icónicos a través da técnica do cadro dentro do cadro.

O resultado final quedou recollido nun mural colectivo no que se expoñen as diferentes recreacións pictóricas. Nelas, os rapaces e rapazas déronlle vida a cadros tan emblemáticas como O retrato de Frida KahloA liberdade guiando ao pobo de Delacroix, A Creación de Adán de Miguel Anxo, O Grito de Munch ou A lección de anatomía do doutor Tulpde Rembrandt, entre outras.

A través deste mural, o alumnado demostra a súa creatividade, implicación e capacidadepara dialogar coa arte dende unha perspectiva viva e participativa.

A continuación tendes as fotografías dos protagonistas cos seus cadros:













No hay comentarios:

Publicar un comentario