Con motivo do Festival do Libro, desde o Departamento de Orientación, en colaboración coa biblioteca escolar, desenvolvéronse diversas actividades de sensibilización arredor da prevención do acoso escolar a través da lectura. O alumnado de 6º de EI, 1º e 4º de EP e 2º da ESO participou en propostas adaptadas aos diferentes niveis, baseadas en obras como Orellas de bolboreta, El cazo de Lorenzo e Subnormal: unha historia de acoso escolar, coordinadas por profesionais do ámbito da atención á diversidade e a orientación educativa. Como produto final, elaboráronse materiais que se integrarán na exposición “Lecturas que abrazan: Construíndo unha casa sen acoso”, coa que se agarda contribuír a crear unha escola máis respectuosa, empática e libre de violencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario